Está relacionado co síndrome de sensibilidade química múltiple que é a resposta fisiolóxica de alguns individuos frente a multitude de axentes e compostos químicos que se poden encontrar no medio ambiente dende metais a alimentos, pasando por medicamentos, productos de perfumería, insecticidas, humos, a tinta dos periódicos...
Descrita por primeira vez a mediados dos oitenta, esta enfermidade provoca síntomas e reaccións moi diversas en función de cada persoa e o seu grao de afectación. Para os afectados por esta enfermidade que oscilan entre o 1% e o 10% da poboación, o entorno volvese un medio hostil e os seus síntomas poden limitar gravemente a súa calidade de vida e a súa capacidade para traballar. A reacción alérxica do seu corpo pode manifestarse mediante dores de cabeza, insomnio, depresión, dificultades para respirar, palpitacións, náuseas, vómitos, irritacións da pel ou trastornos máis serios como impotencia, diarreas, taquicardia ou hipertensión. A Sensibilidad Química Múltiple iniciase pola exposición grave a algún producto químico nun período de tempo curto. A partir dese momento, o organismo destas persoas parece desarrollar intolerancia incluso ante niveis mínimos dalguns compostos ata o punto de que moitas deben recurrir ó uso de mascarillas en certos ambientes o á aislación total. Esta enfermidade aún está sendo investigada e non existe tratamento definitivo. Os médicos de familia non están preparados na súa gran maioría para recoñecer esta patoloxía, apenas hai unha decena de médicos en España e sólo no hospital Clinic de Barcelona están especializados en detectar e tratar o SQM. As tres solucións consideradas máis útiles foron a creación dun espacio libre de químicos, evitar as sustancias químicas e a oración.
É por este motivo polo que a ciencia ten que seguir avanzando para facer frente os retos que posiblemente se lle planteen nun futuro.
Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A
No hay comentarios:
Publicar un comentario