Os buratos negros dispoñen dunhas dimensións e forza inconmensurables, e para atopalos no espacio os astrónomos buscan a enorme cantidade de radiación emitida polo gas que cae nestos xigantes durante o tempo no que o burato negro se activa, cando consume materia; Trátase do proceso de crecemento destes ou ó menos iso é o que cren os astrónomos.
Cando o Universo tiña tan só arredor de 1200 millóns de anos, produciuse o rápido crecemento dos buratos negros máis masivos, que eran dez veces máis pequenos que os buratos máis masivos que se rexistrarían posteriormente e tiñan masas de cen a mil veces a do Sol. Foron relacionados cas primeiras estrelas, e atopouse que o periodo de crecemento posterior dos obxectos observados despois dos primeiros 1200 millóns de anos, durou tan só entre 100 e 200 m.a. Estes datos foron obtidos grazas á instrumentación avanzada dos maiores telescopios terrestres a nivel mundial, como foron o Gemini Norte, na cima do Mauna Kea, en Hawai, así como o Very Large Array Telescope, no Cerro Paranal de Chile.
A investigación será publicada próximamente na revista Astrophysical Journal.
Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario