viernes, 22 de octubre de 2010

É posible vivir máis de mil anos?

Según Aubrey de Grey, non cabe dúbida. O chamado "profeta da inmortalidade" afirma que o envellecemento é unha enfermidade máis que acaba causando a morte, e pode erradicarse conseguindo algún día aumentar a esperanza de vida, cunha maior inversión no desenvolvemento de técnicas biomédicas.
Na vida futura imaxinada por De Grey non se alargan todas as idades dunha maneira proporcional. Seguirá habendo bebés, nenos e xóvenes, pero cando se alcance a madurez xa non se envellecerá máis. "Poderemos permanecer no estado físico dos 25 o 30 anos tanto tempo como vivamos", asegura. Para manterse a punto, os homes pasarán cada 5 o 10 anos una especie de ITV que lles substituirá (empregando a ciruxía ou outros métodos) tecidos ou órganos envellecidos.
E que sucedería se todas as persoas, ou a maioría, puideran alcanzar os 1000 anos de idade? Habería espazo para todos no planeta? Para De Grey tamén é unha preocupación razonable.
Opinades que o ser humano ten que ser considerado unha máquina á que se lle puideran "cambiar as pezas" para renovalo, alterando a orde da natureza? A ética xogaría un importante papel nestas investigacións.
Para máis información, déixovos unha noticia de hoxe no diario "Público".

Tamara Fernández Menor, 1ºC Bach.


No hay comentarios: