viernes, 24 de diciembre de 2010

Nova técnica para parar o VIH

Sempre se mantivo como métodos de precaucion ao ViH o uso do preservativo ou algun outro método como as vacinas, pero a farmacoloxia frente ao virus aÍnda require de avances.
Actualmente disponse dunha multitude de fármacos pero existe un problema común a todos eles:
o posible desenvolvemento de resistencias e os efectos secundarios.
Na revista Science Translational Medicine publicouse un estudo con participación española na que se define unha molécula capaz de evitar a replicación do VIH, ou o que é o mesmo controlar a carga viral para que o paciente non desenvolva o sida.
O novo composto esta baseado nun péptido, proteina pequena (lembradevos os de bioloxia) producido polo organismo de forma natural.
O fármaco provouse en 18 seropositivos pero os autores do estudo din que non se poderá utilizar na actual versión pois é moi caro e é intravenoso.
Unha das vantaxes que aporta este fármaco é que apenas produce efectos secundarios, e se os produce son de tipo leve.

Para obter máis imformación:
http://www.publico.es/ciencias/353063/un-compuesto-tapa-el-arpon-que-usa-el-vih-para-infectar

Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB

No hay comentarios: