A variante só dáse no país escandinavo.
Ser finlandés, beber demasiado e levar un determinado xene que só se encontra entre algúns habitantes daquel país podería predispoñer a comportamentos compulsivos, segundo un estudo publicado hoxe en Nature.
O traballo, liderado por investigadores do Instituto Nacional de Saúde (NIH) de EUA que estudan problemas carrexados polo alcoholismo, advirte de que levar esta variante xenética non é suficiente por si mesma para xerar eses comportamentos. Non obstante, o xene resultou ata tres veces máis común en persoas con problemas psiquiátricos que cometeron algún delito de agresión baixo os efectos do alcohol que na poboación xeral de Finlandia, segundo o estudo.
"A impulsividade", di David Goldman, investigador do NIH e coautor do estudo, "é un factor en moitos comportamentos patolóxicos como o suicidio, as adiccións ou as agresións".
O seu equipo analizou 96 finlandeses que cometeran delitos de agresión sen fin aparente e a outros tantos sen antecedentes. Unha vez identificada a variante do xene HTR2B relacionada coa impulsividade, os expertos comprobaron que ratos transxénicos coa mesma versión do xene tamén mostraban o mesmo problema.
Noelia Vila Seijas 1ºC
No hay comentarios:
Publicar un comentario