O foguete indio GSAT-5P, cargado cun satélite de telecomunicacións, estourou os poucos segundos do lanzamento, deixando no ceo un regueiro de lume e fume. A operación foi un éxito ata 50 segundos tras o despegamento e, a continuación, o vehículo adquirido un erro significativo en altitude que causou a súa destrución. Aínda non foi estudado en detalle a causa do fracaso, afirmou K. Radhakrishnan, xefe da Organización da Investigación Espacial.
A India está buscando ampliar o seu espazo comercial en materia espacial, tivo éxito co lanzamento de pequenos satélites, máis os de cargas pesadas están dandolle moitos problemas. O suceso ocurrido non é o primeiro, en abril pasado, un foguete cun motor tamén de tecnoloxía crioxénica fallou no lanzamento e caeu na Baía de Bengala. Os científicos indios tardaron 18 anos en pór a punto esta complexa tecnoloxía. Estes motores crioxénicos, usan hidróxeno líquido como combustible, proporcionando un empuxe adicional que permite o lanzamento de satélites máis pesados en órbitas de transferencia xeosíncrona (GTO) a alturas de 36.000 quilómetros sobre o ecuador. India con esta tecnoloxía busca situar ao país no reducido grupo de potencias que contan con esta capacidade actualmente: Estados Unidos, Rusia, China, Xapón e o consorcio aeroespacial europeo.

Para máis información e aqui
Noelia Vila Seijas 1ºC
No hay comentarios:
Publicar un comentario