Unha xigantesca tormenta, que se distingue como unha gran mancha brillante, foi captada no hemisferio sur de Saturno pola nave espacial automática Cassini.
Para máis infomación
Editado por: Lidia Blanco Otero 1º Bach. A
Un fotógrafo veterano afirma que nunca se vira nada coma isto e tamén di que pode que sexa a maior tormenta en Saturno en moitas décadas.
O fenómeno xa fora detectado polos astrónomos aficionados pero houbo que esperar a que a nave Cassini alcanzase a posición adecuada na súa traxectoria arredor do planeta dos aneis.
As tormentas en Saturno son habituales pero esta é tan grande que ata un telescopio de aficionado de tamaño medio podería vela dende a Terra e brilla máis que os propios aneis de Saturno.
A nave que captou todo isto, Cassini, partiu da Terra en outubro de 1997 e chegou a Saturno en xullo de 2004, ca finalidade de estudar o sistema de Saturno, os seus aneis e as súas lúas durante varios anos.Para máis infomación
Editado por: Lidia Blanco Otero 1º Bach. A
No hay comentarios:
Publicar un comentario