lunes, 17 de enero de 2011

31 especies de auga doce naturalizáronse en Galicia no útimo século

A Universidade de Santiago (USC) e a Universidade da Coruña (UDC) analizaron a introducción de especies foráneas de auga doce en Galicia e na Península Ibérica e identificaron o número de especies introducidas nos últimos 100 anos, os perídos con maior número de entradas e a tedencia actual.
As especies exóticas introducidas na península a principios do século XX tardaban entre 80 e 90 anos en chegar a Galicia, pero desde os anos 90 o atraso é case nulo. Foi a partir de 1995 cando, coincidindo coa aprobación do Tratado de Schengen, o ritmo de introducción de especies en Galicia igualouse co de España.
O estudo constatou que 31 especies acuáticas naturalizáronse en Galicia, entre peixes, anfibios, insectos, plantas... mentres que no resto da Península Ibérica naturalizáronse 88 especies.
Para os biólogos, as especies invasoras representan unha ameza para a conservación da biodiversidade autóctona, xa que as especies compiten entre elas polo alimento e o hábitat.

Algunhas das especies introducidas son:

Ameixa asiática (Corbicula fluminea)


Peixe mosquito (Gambusia holbrooki)

Xancinto de auga (Echhornia crassipes)



Cangrexo americano (Procambarus clarkii)


Para máis información click aquí
Editado por Natalia Cid, 1ºB

No hay comentarios: