Algunhas veces na Ciencia prodúcese resistencia aos descubrimentos e ao cambio conceptal. Preguntarédesvos, a que vén isto?, pois ben, xorde en resposta ao comentario que fixo Daniel no post de Eva Arsénico vs.Fósforo. Un dos debates máis controvertidos da ciencia actual e, probablemente, unha das maiores axitacións biolóxicas da historia. Segundo entendo, el cre que as ideas científicas son fáciles de cambiar cando hai probas contundentes. Eu, con todo, penso que non sempre é sinxelo e a miña argumentación intentareina explicar neste post. Podemos pensar que a controversia científica que relata Eva, non reflicte o modo de proceder habitual dos científicos, sempre abertos á novidade. Pero só temos que mirar atrás na Historia da Ciencia e atoparémonos con episodios que demostran todo o contrario. Vou pór algúns exemplos:
- Emil Fisher dirixiuse ao físico Otto Hann logo dunha conferencia para dicirlle que non se cría o contido que era posible utilizar métodos baseados nas propiedades radioactivas para recoñecer propiedades químicas de substancias en cantidades Ínfimas. O tempo demostrou que Fisher estaba equivocado e que Hann tiña razón.
- Faraday puxo pegas, como evaluador científico ao artigo en que Joule propuxo o equivalente mecánico da caloría.
- Kelvin rexeitou a teoría de Bohr do átomo de Hidróxeno e dubidou de que os raios X fosen algo máis que unha broma.
- Coulomb tivo que loitar contra o escepticismo que produciu o anuncio da súa lei na comunidade científica da época.
...

Cales son as causas, cando existen, da resistencia ao descubrimento e ao cambio conceptual en ciencia? Existen varias hipóteses, pero neste momento voume a quedar con tres:
A) O conservadurismo, que se traduce nunha resistencia notable ao cambio. A Historia da Ciencia móstranos frecuentemente que cando un descubrimento é incompatible coa teoría dominante atopa dificultades para a súa aceptación.
B)Razóns profesionais. A ciencia está feita por seres humanos e as rivalidades persoais e a loita polo prestixio ocorre en todos os campos, incluído a Ciencia.
C) Motivos relixiosos, que non creo que sexa este o caso, pero que temos un exemplo recentemente comentado na clase: O deseño intelixente.

Cal é a causa da controversia neste caso?, non o sei. O tempo, pero sobre todo a propia Ciencia, daralle a razón a quen a ten.
Editado por: Carmen Cid Manzano
No hay comentarios:
Publicar un comentario