jueves, 6 de enero de 2011

Así será a ciencia en 2011

Espazo: este ano será o último ano de servizo dos transbordadores de EEUU, os Shuttle. Por agora, o seu único sucesor son as naves rusas Soyuz rusas. EEUU e outros países pagan máis de 50 millóns de dólares por cada asento en una soyuz para levar astronautas á ISS. Pero a empresa Space X que dirixe un estadounidense demostrou que as súas cápsulas Dragon poden entrar en órbita e regresar a Terra. Este magnate o que pretende é acercarse a ISS e intercambiar comunicacións con ela.

Sida: o 2011 non traerá a ansiada vacina contra o sida, pero pode que se descubra algún dos talóns de Aquiles do virus que permita deseñar una vacina eficaz. O que si traerá é a confirmación de que os antirretrovirales poden usarse na prevención nas persoas sans.




Aceleradores: cal será o acelerador que consiga atopar o Bosson de Higgs? será o LHC ou seu competidor, o Tevatron de Batavia (EEUU). El Tevatron, se EEUU non o evita con máis diñeiro, deixará de funcionar a finais de 2011. O LHC tiña previsto un parón para a mesma data. A loita entre as dúas institucións por chegar antes a resultados é a razón de que os responsables do LHC decidan a finais de xaneiro, se o LHC segue operativo ata finais de 2012 para esgotar todas as posibilidades de gañar o duelo.

Células nai: a compañía encargada de facer os ensaios é Advanced Cell Technology (ACT). Intentaran estudar o posible beneficio das células nais, embrionarias e diferenciadas.

Vida artificial: Craig Venter non logrou convencer a comunidade científica de haber xenerado vida artificial, por iso en 2011 intentará convencer aos seus colegas coa creación dunha fornada de superbacterias. Científicos españois aventuran que conseguirá bacterias productoras de hidróxeno para biocombustibles ou microorganismos modificados capaces de descontaminar substratos de petróleo, ou que produzan algunha molécula orgánica para uso terapéutico.

Cancro: aínda que a cirurxía seguirá xogando un papel importante na oncoloxía o ano que comeza identificaranse novos biomarcadores que sinalarán os pacientes aptos para novos fármacos. Tamén será o ano en que se mellorarán as técnicas de imaxe, que non só servirán para pescudar onde están os tumores, senón as súas características.
Astronomía: en febreiro publicarase una tanda das novas observacións do telescopio Kepler da NASA, un dos cazadores máis precisos de planetas fora do sistema solar. Seguiranse buscando planetas habitables semellantes a Terra.


Mellores fármacos:
O sintrom, un anticoagulante usado por millóns de persoas en todo o mundo, dará a paso a tres novos tratamentos cunha eficacia similar, pero que non requiren dos engorrosos controis periódicos.
Outro cambio notarano os afectados de esclerose múltiple, que poderán seguir o seu tratamento vía oral en lugar de inxección, mellorando a súa calidade de vida.
No campo das enfermidades mentais, espérase que se estableza un biomarcador que diferencie os problemas de memoria típicos da idade coas demencias como o alzhéimer, para adiantar o tratamento.

Ariana Pascual Sas 1ºBacharelato C

No hay comentarios: