jueves, 6 de enero de 2011

Comeza o funcionamento dun novo "telescopio" que pretende atopar neutrinos.

Despois de 10 anos de traballo, por fin, o pasado 18 de decembro puxéronse os derradeiros 86 fotodetectores o que daba por finalizado este “telescopio” de neutrinos IceCube Neutrino Observatory.
Este xigantesco “telescopio”, que ocupa ao redor de un quilómetro cúbico, sitúase a 1.400 metros por debaixo da superficie do xeo do Polo Sur. O aparato ten que estar a tanta profundidade para que o seu funcionamento non se vexa alterado por outras radiacións existentes. Os encargados do seu deseño e construción foron científicos de Bélxica, Estados Unidos, Alemaña e Suecia, este dispositivo será dirixido pola Universidade de Wisconsin-Madison e a National Science Fundation.
O obxectivo de este aparello é conseguir detectar a “radiación de Cherenkov”(tamén chamada Luz Azul). Esta radiación prodúcese cando os neutrinos chocan contra os átomos de xeo. Estas partículas, os neutrinos, son producidas polo Sol, os buratos negros e as supernovas. Ademais, estas partículas son case imperceptibles, xa que apenas interactúan ca materia, porque a pesar de que cada segundo trillones de elas atravesan a Terra, rara vez chocan con algún átomo debido á súa pequenísima masa (un pouco menos dunha milmillonésima parte da masa dun átomo de hidróxeno.
Deíxovos tamén aquí un video do proxecto, está en inglés pero pódese ententer o máis esencial.




Editado por: Andrea Gerpe Acosta. 1ºBacharelato A

No hay comentarios: