sábado, 22 de enero de 2011

Gran parte dos anfibios e réptiles poderán desaparecer!

Rá pirenaica

O Centro Tecnolóxico Forestal de Cataluña (CTFC) lidera o proxecto Cambiaré?, este proxecto avísanos de que se non se corrixe a tendencia actual, debido o cambio climático, o 55% dos anfibios e réptiles da Península Ibérica poden reducir máis da metade a súa area de distribución. Este feito supón a un gran deterioro do estado de conservación de moitas especies, ata chegar o punto de poder conducir a extinción de ata una terceira parte de comunidade de anfibios e réptiles de España.

Tritón de Montseny
Cal é o obxectivo do proxecto Cambiaré?
Identificar os impactos do cambio global sobre 70 especies de anfibios e réptiles, que según as predicións obtidas con técnicas de modelización de biodiversidad, en 2020 producirase unha perdida do 60% das areas climaticamente adecuadas para anfibios e réptiles, do 20% para o ano 2050 e do 55% para o ano 2080.

Cales son as especies máis ameazadas?
Tartaruga mediterránea
Os anfibios máis ameazados e en perigo de extinción son: a rá pirenaica e o tritón de Montseny, as outras especies non se verán case afectadas.
En canto os réptiles son: a tartaruga mediterránea e a lagartixa batueca, estas dúas especies sufrirán graves impactos negativos por causa do cambio global.

Por que están moitas especies en perigo de extinción?
Lagartixa batueca
Por a aparición de novas enfermidades, por a incorporación de especies invasoras, e sobre todo por o cambio global provoca a degradación dos seus hábitats.



Na páxina web deste proxecto http://cambiare.ctfc.es/index.php atopamos as descricións das especies ameazadas, mapas interactivos coa climática adecuada actual e futura das especies, actividades para participar na conservación dos anfibios e reptiles, e o máis importante como reducir os efectos do cambio global.


Ariana Pascual Sas 1ºC

No hay comentarios: