miércoles, 26 de enero de 2011

Outro descubrimento en Atapuerca

Outro novo achado máis súmase a lista de descubrimentos en Atapuerca. Esta vez trátase dun roedor, de 1,2 m.a. exactamente a rata de auga máis antiga da historia, a Arvícola jacobeo, con 1.2 millóns de anos. Mide entre 18 e 22 centímetros entre a cabeza e o resto do corpo, unha cola entre 10 e 14 centímetros, e un peso entre 155 e 300 gramos, medidas moi parecidas á do animal actual.




Gracias a este descubrimento xa se extraeron conclusións como que os primeiros roedores puideron andar polos terreos de Atapuerca e que vivíu na Sima do Elefante( en Atapuerca).

Esta rata de auga diferénciase doutra da mesma cronoloxía, Mimomys savini, en que a actualmente encontrada ten os dentes máis pequenos e co esmalte máis groso.

Un dos investigadores, Jordi Agustí, aclarou que a Arvícola jacobeo ten que ver ca orixe da rata de auga ibérica Arvícola sapidus e pode axudar a reconstruir o súa árbore filoxenética.





Para máis información
Editado por Lidia Blanco Otero 1ºBac. A

No hay comentarios: