miércoles, 9 de febrero de 2011

O censo que xa non será un censo.

No ano 2011 o INE ( Instituto Nacional de Estatística) vai realizar o censo de poboación.Os censos teñen como obxectivo o reconto da poboación do estado e o coñecemento da súa estructura, para elo realizábanse enquisas en todos os domicilios do estado cuns cuestionarios sobre idade, sexo, nacionalidade, estado civil, formación, actividade económica, relacións parentesco entre os que viven nesa vivenda, características da vivenda, …, todo, preguntaban todo, pois tratábase de facer un retrato axustado das condicións de vida dos cidadáns españois.




O censo realizábase cada 10 anos desde 1877. Este ano por primeira vez vaise realizar unha mostraxe en lugar do censo universal e farase o cuestionario só a unha mostra do 10% da poboación.
O motivo dado polo INE para este cambio e a necesidade de aforrar en tempos de crise, de feito este ano só van contratar 5 000 enquisadores fronte aos 40 000 contratados para a realización do último censo de 2001. Tamén alega o INE que outros países Europeos están realizando este tipo de modificacións.
A medida esta xerando polémica entre estatísticos e sociólogos.

Conchi(Profesora de Matemáticas)

No hay comentarios: