sábado, 19 de febrero de 2011

O segundo problema das células iPS.

Vólvense a atopar problemas nas células nais iPS, células pluripotenciais inducidas a partir da pel o do pelo. O estudo publicado en Nature expón que este material xenético substituto das células nai embrionarias conservaban células activas non correspondentes ó estado embrionario, é como se tiveran unha especie de “memoria”, polo que non o fan células nai similares ás células nais embrionarias.

Máis tarde en Cells death and differentation, publicaron outro contratempo con este tipo de células nai, este material biolóxico obtido ten máis tendencia a desenvolver tumores nun futuro o que limitaría o seu uso.


Por iso de momento teñen que seguir investigando con embrións, ás únicas células nais pluripotentes , que de maneira natural están predestinadas para diferenciarse en máis de 300 tipos de tecidos diferentes presentes no noso corpo humano.



Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A

No hay comentarios: