domingo, 13 de febrero de 2011

Os Neandertais crecían e maduraban mais rápido que os humanos modernos.

Un equipo de especialistas de varios países logrou deducir a velocidade de maduración nos neandertais. A Investigación dirixírona especialistas da Universidade de Harvard, o Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva e o ESRF (Laboratorio Europeo de Radiación Sincrotrón). A bioloxía evolutiva demostrou que os cambios pequenos durante o desenvolvemento inicial poden dar lugar a diferenzas que desemboquen na formación de novas especies. Estes cambios poden tomar a forma de modificacións na secuencia xenética ou na cronoloxía de pasos no desenvolvemento do individuo desde que é procreado. Por tanto, coñecer a fondo as transformacións durante o desenvolvemento é crucial para reconstruír a historia evolutiva.




Un destes cambios pouco coñecidos refírese á actividade reprodutiva, a xestación e o período de crecemento e maduración do individuo. En comparación cos seres humanos, a vida dos primates non humanos caracterízase por un período de xestación máis curto, unha maduración postnatal máis rápida, unha idade menor para a primeira reprodución, un período post-reprodutivo máis curto e unha lonxevidade menor en xeral.

Podería parecer que o ciclo de vida típico do individuo dunha especie é invisible no rexistro fósil, pero resulta que moitas das súas variables están moi correlacionadas co desenvolvemento dental. Nese sentido, os dentes son unha "caixa negra" de gran importancia, reflectindo o crecemento do individuo dun modo comparable a como os aneis de crecemento nas árbores.

Un achado notable deste novo estudo de cinco anos, é que o crecemento dos primeiros dentes nos neandertais era significativamente máis rápido que nos membros da nosa especie, incluídos algúns dos grupos máis antigos de seres humanos modernos que partiron de África fai entre 90.000 e 100.000 anos.



O patrón neandertal parece ser un punto intermedio entre o dos primeiros membros do noso xénero (por exemplo, o Homo erectus) e o dos humanos de hoxe en día, o que suxire que a lentitude na maduración do individuo e unha infancia longa son características exclusivas da nosa especie. Este longo período de maduración pode facilitar máis a aprendizaxe, así como promover o desenvolvemento dunha capacidade cognitiva máis potente, todo o cal posiblemente deu aos primeiros Homo sapiens unha vantaxe competitiva fronte aos neandertais da súa mesma época.


http://www.scitech-news.com/2010/11/esrf-reveals-human-children-outpaced.html
http://www.esrf.eu/news/general/synchrotron-reveals-human-children-outpaced-neanderthals-by-slowing-down/


Feito por Antía Arias García. 1º Bacharelato B

No hay comentarios: