domingo, 13 de febrero de 2011

Unha tarxeta cósmica de San Valentín




A NASA amósanos que San Valentín está en todas partes. A axencia espacial atopou o que parece un anel unido a buracos negros.
O espectacular anel forma parte do sistema Arp 147 de dúas galaxias en interacción. Situado a 430 millóns de anos-luz de distancia, na constelación da Balea, contén os restos da colisión entre unha galaxia espiral e unha elíptica. A fenomenal colisión provocou unha onda expansiva de formación de estrelas masivas que aparecen en cores azuis sobre unha estrutura circular.

As estrelas maiores son pouco lonxevas, só viven uns poucos millóns de anos antes de morrer mediante explosións. As estrelas que xa estalaron sobre o enorme aro deron lugar a grandes supernovas que deixan buracos negros nos seus centros, e estas rexións emiten intensas radiacións de raios X que se representan en cor rosa. Estes buracos negros, fannos pensar que son pedras preciosas incrustadas no anel.Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/02/11/ciencia/1297432846.html

Feito por: Yurema Seara Núñez 1ºB

No hay comentarios: