viernes, 25 de febrero de 2011

Páxaros espías, xa no Pentágono

O pentágono creou un colibrí robótico, ten intencións militares e é unha copia idéntica do real: axita as súas ás e voa en calquera dirección.
DARPA (unidade de investigación avanzada do Pentágono), busca o espía robótico perfecto. Os resultados comenzan a verse . A empresa de tecnoloxía AeroVironment, desenvolveu un colibrí robótico para a axencia estatal, e mesmo presentou un vídeo no que pode verse como voa o seu robot. Pesa 19 gr e voa como un verdadeiro colibrí, este é o paxaro máis pequeno do mundo e os resultados obtidos son espectaculares. Conseguir que un robot sexa capaz de voar axitando as súas ás constitúe un verdadeiro desafío. Lograr que se mova na dirección que un desexa agrega un novo grao de dificultade. E reducir o seu tamaño ata o dun colibrí pode parecer case imposible. Trátase dun nanovehículos aéreos. Este proxecto tamén inclúe unha gran cantidade de grupos de traballo investigando dispositivos robóticos que poidan ter algunha aplicación no campo da defensa.




Pero non todon son vantaxes.

Este robot é realmente impresionante, pero non é realmente práctico xa que un robot espía, tal como indica o nome ten que pasar desapercibido, e un colibrí (salvo no seu medio natural) chama a atención a todo o mundo.
Non obstante, moitas persoas gozarían con un xoguete como este.
Feito por María Isabel Limia Pérez 1ºBacharelato B

No hay comentarios: