jueves, 17 de febrero de 2011

Shinya Yamanaka será sen dúbida un próximo premio Nobel

O científico xaponés Shinya Yamanaka foi galardonado con 400.000 euros por un premio concedido polo BBVA, por "demostrar que é posible reprogramar células xa diferenciadas e devolvelas así ao estado propio das células nai pluripotentes". En 2006, Yamanaka conseguiu xerar as chamadas células nais pluripotentes inducidas (iPS) que son aquelas que teñen a capacidade de convertirse en calquer tipo de célula especializada. Obtéñense a partir de células adultas (da pel e do pelo), que foron reprogramadas e recuperaron a capacidade de diferenciarse de calquer outra. Ata ese momento os investigadores crían que esta función era exclusiva das células nais embrionarias.

Obxectivos
  • "Converter células somáticas en células nai sen embrións". Para él, a primeira en beneficiarse desta terapia será a farmacoloxía coa elaboración de novos medicamentos."Realmente temos que asegurarnos de que as células IPS son seguras, e non producen cáncer nin outros tumores".
  • "Achar a mellor maneira de xerar estas células sas e seguras". Argumentan que o proceso de reprogramación que se usa para obtelas a partir de simples células da pel non é perfecto xa que preservan no seu xenoma certa memoria do seu orixe adulto, e que esas marcas persisten en calquer órgano o texido que se derive delas (ver http://acienciatamenecultura.blogspot.com/2011/02/non-todo-son-vantaxes-ao-falar-das.html)

Opinións sobre este suceso
Rafael Matesanz, director da Organización Nacional de Transplantes opina que: "O descubrimento das IPS por parte do premiado marca un antes e un despois no terreo das células nai. Estas células marcan unha nova vía, máis fácil e máis rápida e todos pensamos que teremos resultados antes do esperado. Isto non quere dicir que se abandone ningunha liña de investigación, pero creo que as IPS son as que máis posibilidades nos ofrecen" ou Felipe Prósper, director do Área de Terapia Celular da Clínica Universitaria de Navarra que asegura: "Os descubrimentos de Yamanaka son trascendentais para o coñecemento, están entre os hitos máis importantes dos últimos 50 anos en Biomedicina".


Noelia Vila Seijas 1ºC

No hay comentarios: