lunes, 21 de febrero de 2011

Un paso máis contra o cancro: nanopartículas magnéticas

Os actuais tratamentos contra o cancro, como a radioterapia e a quimioterapia, aínda que van destinados a destruir células tumorais, tamén atacan células normais, provocando numerosos efectos secundarios molestos e incluso perigosos.

Un dos tratamentos máis prometedores é utilizar o interferón, o cal é impide o desenvolvemento das células tumorais, ao favorecer a súa detección e posterior eliminación por parte do propio sistema inmunitario do paciente, pero existe un problema porque os médicos aínda non son capaces de conseguir que chegue en cantidades suficientes á zona na que se atopa o tumor sen que sexa tóxico para o resto do organismo. Para reducir a súa presenza nos tecidos sans, e con iso os temidos efectos secundarios, no Instituto de Ciencia de Materiais do CSIC elaboraron unhas nanopartículas magnéticas de magnetita que mediante a aplicación dun imán pódense localizar no lugar que interese. Ao ser posible dirixilas á zona concreta onde se atopa o tumor e incluír interferón na súa superficie, son un novo fármaco bastante prometedor.
Con todo isto o que facemos é concentrar interferón nunha zona de células canceríxenas, facendo que o sistema inmune actúe nese punto en concreto acabando con todas elas, lonxe de células sans. Esto reducirá considerablemente os efectos secundarios que os anteriores tratamentos tiñan, e conseguiremos ser máis efectivos en canto a eliminación destas células.


Más vídeos en Antena3
Fonte: http://www.agenciasinc.es/esl/Noticias/Nanoparticulas-magneticas-contra-el-cancerEditado por
Daniel Fernández Gil
1º Bach A

No hay comentarios: