miércoles, 2 de marzo de 2011

Nova web galego-portuguesa científica

Novidade, xóvenes científicos! Agora poderemos documentarnos un chisco mellor sobre as innovacións e descubrimentos científicos que a nosa comunidade autónoma xunto ca do norte de Portugal realizan. Trátase de Comunicaciencia , web xerada polos investigadores das universidades galegas de Santiago, A Coruña, Vigo e as portuguesas de Porto, Tras-os-Montes e Minho, denominadas no seu conxunto como Eurorrexión. Esta plataforma está subvencionada pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia E a Tecnoloxía) e xestionada pola FCEER (Fundación Española de Estudos Eurorrexionais).
Asemade, recompila diversos cursos de multimedia relacionado con actividades científicas (documentais, audios, acceso a información dixitalizada) propiciadas directamente polo CEER; ou foros de debate.

Para máis información visitade corredoiras.bugalicia.org
Andrea Fernández 1ºB

No hay comentarios: