domingo, 3 de abril de 2011

Coches eléctricos en Ourense


XERO é una marca británica que produce bicicletas e scooters eléctricos e que creou fai unha semana un proxecto comprometido á fabricación de coches eléctricos en Ourense, o cal á súa vez xerará un millar de empregos. Hai dous días publicou que nos manterán informados de tal proxecto a través de comunicación pública e de forma regular, e quixeron deixar claros varios aspectos:

1- Están decididos a desenvolver na nosa cidade o plan do vehículo eléctrico dixital XERO X-EV, descartando outras cidades ou opcións fóra do noso país.
2- Asegúrannos que o tempo que teñen marcado para asentar, desenvolver e producir este vehículo cumprirase.
3- Piden certo grao de atención polo proxecto así como un libre debate sobre o lugar onde se situará a planta de montaxe (están debatindo que se ubique en Melón(Comarca do Ribeiro)).Todo isto suporía un maior interese por iste propósito e un sinal de que todo sairá ben.
Recórdovos que os vehículos eléctricos con baterías de litio non emiten CO2 e non afectan ao medio ambiente, sempre no caso de que a electricidade proceda de enerxías renovables (eólica, solar fotovoltaica e termosolar). Os aeroxeradores, ou máquinas que transforman a enerxía do vento en eléctrica, proporcionarían a electricidad precisa ó vehículo e servirían nun futuro para regular e almacenar a do sector eólico.


Subirei máis información a medida que aparezan novos datos pero… atopades factible esta idea?
Visitade esta ecopáxina ou xornal El Progreso

Andrea Fernández 1ºB

No hay comentarios: