jueves, 7 de abril de 2011

Créase o primer ollo embrionario


Un equipo de científicos xaponeses logrou, por primeira vez, crear un ollo embrionario a partir das células nai dun rato (espero que todos lembredes ó que son as células nai e de onde se obteñen). O traballo está publicado en Nature.

Os científicos cultivaron nunha placa petri grupos flotantes de células nai embrionarias de tecido de retina de rato e comprobaron como se organizaron nunha rede tridimensional a partir da cal se desenvolve a retina durante a embrioxénese (formación do embrión a partir do cigoto).
Os investigadores mostráronse sorprendidos ao observar como as células, aínda que ao principio desordenadas, conseguiron autorregularse para dirixir o seu destino celular. «As células fixeron o traballo elas mesmas, sen ser empurradas», explica o director do traballo, Yoshiki Sasai, do Centro Rieken de Bioloxía do Desenvolvemento de Kobe.
O avance abre a porta á creación de células nai aptas para a reparación da retina, o que permitiría actuar fronte a enfermidades como a retinite pigmentaria, que adoita conducir á cegueira. Queda, non obstante, un longo traballo por diante, aínda que Sasai expresou o seu convencemento de que «non» pasará moito tempo antes do seu uso clínico experimental».


Editado por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B
Fontes e aquí e aquí.

No hay comentarios: