lunes, 11 de abril de 2011

Descubrimento de novas especies tropicais en Canarias ata agora descoñecidas alí


Espectaculares corales, campos de esponxas de cristal e outras nomeadas chupa-chups azul, a raia noriega, considerada extinguida ata o seu recente descubrimento, o peixe armado, o polvo blanco, a caracola pirámide, a ostra xigante, un tipo de peixe de setenta anos de vida que habita nas profundidades mariñas, unas 84 especies de raias e tiburóns… e así podería seguir nomeando ata chegar a vinte especies descubertas recentemente e por primeira vez nas Illas Canarias pola investigación realizada pola organización internacional dedicada á conservación de océanos Oceana, e presentada na sede da Fundación Biodiversidade en Madrid.
A expedición durou dous meses, no ano 2009, a bordo do catamarán Oceana Ranger e realizáronse 32 inmersións por buceadores e 49 con robot entre 40 e 700 metros de profundidade con estupendos resultados ó atopar tanta biodiversidade, ata 500 especies diferentes. Esta investigación propón ademais a conservación dos ecosistemas protexendo as especies e os hábitats de gran importancia ecolóxica, prohibir calquer tipo de sondeo para a explotación de petróleo e gas natural, así como a reducción e o control da actividade pesqueira e a presión sobre os recursos sobreexplotados. Todo isto ven a conto debido ás graves amenazas para a biodiversidade que están a facer efecto nas nosas illas, como son o incremento de portos e contruccións tal vez excesivas de infraestructuras costeiras. Compártese a idea das enerxías renovables, a mellor opción a día de hoxe, e que estamos a estudar en máis profundidade en ciencias para o mundo contemporáneo.


Noticia completa

Lucía Rodríguez 1ºB
Videos interesantes: http://eu.oceana.org/es/eu/que-hacemos/proteccion-de-habitats/islas-canarias/video

No hay comentarios: