lunes, 25 de abril de 2011

O Telescopio de Canarias poderá utilizarse libremente e de manera gratuita






























O telescopio robótico de Tenerife poderá utilizarse libremente dende Internet. O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) lanzará o próximo 1 de xullo unha iniciativa para que o telescopio robótico (TAD), situado no observatorio do Teide, se converta no primeiro de España de uso gratuíto e a disposición dos cidadáns, que poderán manipulalo a través de Internet.
O TAD é un telescopio controlado remotamente, a través de Internet (http://www.ot-tad.com/), usando un simple navegador web e dirixido, especialmente, a estudantes de secundaria, segundo o responsable do TAD e astrofísico do IAC, Miquel Serra.
Para poder facer uso deste Telescopio, calquera cidadán español deberá rexistrarse no portal (http://www.astroaula.net/) e asistir virtualmente a unha das charlas que se impartirán dende esta web ata maio para explicar o seu manexo e características.



O principal obxectivo desta iniciativa, segundo o portal Astroaula, é espertar o interese nos alumnos de secundaria, bacharelato e formación profesional polas Ciencias Experimentais a través de Recursos Didácticos (Unidades Didácticas, Charlas, Actividades) de Astronomía.
Segundo declaracións de Miquel Serra en Astroaula, parte clave do proxecto son as 'Charlas Virtuais' ofrecidas por Astrónomos experimentados sobre o uso do telescopio e a instrumentación así como un "receitario" para poñer en práctica as Actividades Didácticas".
Os usuarios rexistrados deberán pedir cita para utilizar o telescopio e cada observación poderase alongar ata un máximo de dúas horas podendo repetir experiencia. De momento xa se recibiron máis de 70 peticións segundo fontes de Astroaula.





Feito por: Aitor López Domínguez






4 comentarios:

Mª Isabel Limia Pérez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

Que noticia tan interesante, eu quero apuntarme a iso, a verdade e que ten que ser unha pasada, poderíamos preguntarlel a profesora de facelo nunha clase de CMC cando xa acabemos os exames. Moi interesante a noticia.
Isabel

Aitor (IEs OTERO PEDRAYO) dijo...

tes razon estaria moi ben poder facelo todos dende a clase Isa, pero será moi dificil porque se as miñas fontes non me faian cando solicitas para ter a directriz do telescopio e un día que che poñen eles é un tempo que che propoñan eles e ´ti as de estar dispoñible asi..que a menos que me este errando (espero ue si) non vai a ser posible.

por certo comento tamen que non sei o porqué do espazo en blanco que estades a ver entre a primeira imaxe é o texto pois eu antes de facelo mirei como quedaba e ainda o modificara algunha vez e así non se atopaba e tamen lle falta algunha cousa.
Un saúdo.

Mª Isabel Limia Pérez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

Xa bueno, en eso si que tes razón, son eles quenes che dan o día, entón xa che podes apuntar non si?

Aitor (IEs OTERO PEDRAYO) dijo...

Hoxe mesmo volvín entrar e creo..solo creo que si que xa podes pero non estou seguro asi que se queres mirar os enlaces espero que funcionen ben levarante ao sitio Web.