martes, 12 de abril de 2011

Elizabeth Taylor era mutante



Roxanne Palmer, xoven periodista neoiorquina de ciencia, en busca de emprego, publicou o seu primer artículo no blog do diario The Washington Post, co nome de “Elizabeth Taylor era mutante” recibindo casi un millón de entradas.
A orixe da historia remóntase á enésima biografía da actriz que publicou o haxiógrafo J. Randy Taraborrelli. No seu libro, Elizabeth, narra cómo un médico comentáballe aos pais da Taylor que a súa nena tiña "mutación", dobre fila de pestañas nos seus ollos.
Según escribiu Taraborrelli: "No seu primer día de rodaxe, sacárona do plató para quitarlle o maquillaxe dos ollos e trás frotar descubriron que non levaba”.
Coa morte da actriz, Palmer recuperou o libro e preocupouse indagar esta mutación, comprobando a súa existencia, denominada distiquiasis, asociada frecuentemente a unha enfermidade chamada linfedema, que pode provocar inflamación das extremidades e problemas do sistema circulatorio. Esta mutación estaba localizada no cromosoma 16, nun xen chamado FOXC2, e transmítese de forma autosómica dominante; é dicir que herdan nun 50% de probabilidade aqueles fillos cuxos pais esten afectados. O curioso eraque ningún dos proxenitores da actriz mostraba dito alelo, isto quería dicir entón que a mutación brotou no xenoma de Elizabeth. Nestos casos é frecuente sufrir un crecemento anormal das pestañas cara dentro, cousa que non lle ocorreu a atriz, para ela foi unha mellora cosmética que realzaba a maxia da súa mirada.


¿Era a de Taylor unha mutación beneficiosa?


Os defensores do Diseño Intelixente, a nova versión do creacionismo, alegan que tal cousa no pode existir porque o plan orixinal é inmellorable.


Moitos científicos pensan que a maioría das mutacións son neutras, pero en calquera caso o seu efecto dependerá do entorno. As nosas diferencias debense a que somos xenéticamente únicos, e ademais das variantes que herdamos, cada persona nace con entre 100 e 200 novas mutacións, segundo estimaba un estudo británico "Todos somos mutantes", Liz Taylor só tuvo sorte, que lle proporcionou unha mirada irrepetible que a fixo máis apta para sobrevivir no ecosistema do cine.


Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A

No hay comentarios: