sábado, 30 de abril de 2011

Millóns de persoas viven "cerca" dunha central nuclear

O gran desastre ocorrido en Fukushima afectou a 172.000 persoas que estaban a unha distancia menor ca 30 kilómetros da centra nuclear, logo de todo este gran acontecemento a revista Nature e a Universidade de Columbia en Nova York realizaron un estudo no que os resultados foron realmente grandes xa que das 211 centrais nucleares que hai en todo o planeta 21 delas teñen nun núcleo menor a 30 kilómetros cerca de 1 millón de persoas e en seis delas xa se superan os 3 millóns; A maior concentración de persoas atópase en Karachi (Paquistán) con 8,2 millóns de persoas.
A revista Nature explica que é case imposible crear con esto un mapa de riscos das centrais nucleares xa que cada unha delas ten unha serie de riscos determinados pero estes datos teñen unha gran importancia a hora de ter en conta os numerosos peligros que esto conleva.
En España das seis centrais nucleares que temos, dúas delas teñen un gran número de poboación ao seu redor como son Cofrantes en Valencia e Santa María de Garoña en Burgos con 2,5 y 1,2 millóns de persoas en menos de 75 kilómetros respectivamente.


O Consello de Seguridade Nuclear (CSN) de España afirma que unha vez evacuada a zona fanse consellos de seguridade periódicamente pero nunca se establece unha distancia mínima para evacuar a poboación.
Hai numerosas diferenzas a hora de pensar de que depende a seguridade dunha central nuclear, algúns afirman que se unha central nuclear é nova os seus compoñentes son máis estables pero pode haber problemas polo pouco tempo de proba do central ou pola novidade que lle causan as máquinas os traballadores da central e outros defende que hai moito máis posibilidade de haber un accidente nunha central nuclear cando esta xa leva anos de funcionamento pero é dicir que pode haber problemas tanto se é nova como se non o é.


Para máis información: Click aquí
Para ver o mapa: Click aquí

Lorena Yáñez 1º Bach A  

No hay comentarios: