sábado, 30 de abril de 2011

Día do científico Galego, Ramón María Aller

O 26 de de abril foi o Día do Científico Galego, e este ano dedicouse a Ramón María Aller. Foi un acto onde a Real Academia Galega homenaxeou ao introductor da astronomía como disciplina científica en Galicia, e a quen se considera o iniciador dunha importante escola de investigadores neste campo do coñecemento.
Entre outros se atopaban o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Ernesto Viéitez;o sobriño do homenaxeado Victorino Gutiérrez Aller, e o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela.

Con motivo a esta celebración a Fundación Barrié a través da súa área de investigación e educación, organizou esta semana un programa de visitas guiadas ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller e ao Observatorio do Museo Ramón María Aller de Lalín, estas últimas recentemente reinauguradas e dotadas cun telescopio didáctico moi avanzado. É unha iniciativa onde participaron máis de 330 estudantes acompañados polos seus profesores.
Ramón María Aller (1878-1966),Pioneiro das estrelas dobres instalou o primeiro observatorio astronómico de Galicia. Comezou o seu labor docente na USC en 1940, onde tres anos despois e co patrocinio do CSIC inaugurouse un observatorio, ao que foron trasladados os instrumentos de Lalín, e no que se creou o observatorio que leva o seu nome e que na actualidade atópase en pleno funcionamento docente, investigador e de divulgación da astronomía. Entre os seus máis de 78 artigos, catro libros, a dirección de cinco teses doutorais, catro estrelas descubertas e deseños de instrumentos de observación e medición, destaca Introdución á astronomía.

Feito por María Isabel Limia Pérez 1ºBacharelato B

No hay comentarios: