domingo, 29 de mayo de 2011

Algunhas partes da Lúa conteñen tanta auga como a Terra


Ata fai menos de cinco anos, a comunidade científica aceptaba que a Lúa era unha roca seca, coa excepción dalgúns cráteres sombreados nos polos que poderían albergar xeo procedente de impactos de asteroides e cometas. En 2009, confirmouse que hai auga na lúa, nunha cantidade que despois chegou a estimarse en 600 millóns de toneladas. Hoxe a cantidade corríxese ata o punto de que xa non será tan fácil cuantificala.

Un dos equipos que investigan a auga lunar utiliza mostras recolleitas fai décadas polas misións Apolo da NASA. Trátase de cristais procedentes das antigas erupcións dos volcáns lunares. Xa en 2008 díxose que os cristais analizados retiñan auga, aínda que perderan a maior parte.

No novo estudo, analizáronse cristais que conteñen inclusións de magma illadas do exterior que logo actúan como cápsulas do tempo, retendo intacto o seu contido orixinal. Empregando ferramentas de medición ultrasensibles, descubriron que o contido de auga é cen veces maior do que se cría.

Para máis información:
http://www.publico.es/ciencias/378659/algunas-partes-de-la-luna-contienen-tanta-agua-como-la-tierra
Feito por: Yurema Seara Núñez 1ºB

No hay comentarios: