jueves, 19 de mayo de 2011

Lógranse transplantes sen rechazo nin inmunosupresores

As defensas do organismo están programadas para rexeitar calquera obxecto estrano (antíxeno) como os órganos doutras persoas. Os medicamentos convencionais reducen case por completo as defensas do organismo e, polo tanto, fai que o receptor do transplante sexa susceptible a infeccións e outras patoloxías. Tamén é frecuente que aos dez anos do transplante o corpo pelexe contra o órgano e haxa que realizar outra operación, sempre co temor da interminable lista de espera.

Tres procedementos probados en ratos publicados en Science Translational Medicine o 19 de maio permiten a supresión dos fármacos inmunodepresores grazas á modificación de células do propio sistema inmunolóxico. As tres estratexias traballan sobre os linfocitos T(Tregs) os reguladores, que inhiben a resposta inmune. Os traballos lograron nun rato seleccionar as Tregs que recoñecen especificamente o tecido implantado e facer que o toleren sen afectar ao resto das defensas. Estas células multiplícanse por mitose e vólvense inxectar no rato, que non requirirá inmunosupresores para evitar o rexeitamento ao implante.

Os autores calculan que, en cinco anos, a terapia se probará en humanos. "O procedemento é caro, pero co tempo servirá para aforrar diñeiro, porque os pacientes non necesitarán inmunosupresores e practicamente se rematará a necesidade de segundos transplantes", comenta Giovanna Lombarda, a autora.

Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B 
Fontes

Gustaríame que alguén de bioloxía explicase ou falase máis sobre os linfocitos T e a súa función, xa que o estudamos hai pouco no tecido sanguíneo.

No hay comentarios: