domingo, 1 de mayo de 2011

O peligro das neuronas apagadas

Un estudo dun equipo de investigadores de EEUU e Italia atoparon explicación ós accidentes de tráfico producidos por momentáneos lapsus de concentración ó volante sen que o conductor chege a estar durmido. Algunhas rexións da corteza cerebral compensan a falta de sono apagándose aínda que o individuo se atope desperto. Como experimento sometéronse un grupo de ratas a longos periodos de privación de sono para ver o efecto que esto producía sobre os seus cerebros, introducindo nas súas gaiolas obxetos coloridos e outros que chamaran a súa atención e despertaran os seus sentidos para evitar que os animais quedasen durmidos. Os resultados anunciaron que tanto o electroencefalograma como o seu comportamento mostran dificultades para conciliar o sono ou vixilia, dando a coñecer tamén que despois deste periodo algunhas neuronas quedan afectadas e ausentes, demostrado nas ratas pola súa incapacidade de alcanzar o seu alimento despois deste periodo de probas.

Trátase dun fenómeno previo ó microsono (consiste en pequenos actos de durmir entre 3 e 15 segundos cos ollos pechados), mentres que no caso deste fenómeno estudiado os ollos continúan abertos e o efecto é semellante ó dos lapsus epilépticos; trátase de neuronas cansadas e apagadas nun cerebro desperto.

O microsono é a causa dun 24% dos accidentes mortais en estradas. Estase a desenvolver un dispositivo de alerta durante a conducción que consiste en avisar mediante señais virtuais ó conductor cando este sobrepasa un límite de parpadeo, intentando así evitar estas cada vez máis numerosas mortes. Os científicos alertan de que debemos deixar de practicar toda actividade na que teñamos que estar nun estado de alerta e atención antes de sentir a fatiga previa.

Esta enfermidade todavía a estudar pode ser a responsable de síndromas como os lapsus de atención, o estado de irritabilidade, carecer de xuízo ou tender ó error, como cando non durmimos o tempo recomendado pero tampouco padecemos moito sono.

Noticia completa

Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB


1 comentario:

Lidia Blanco (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

E onde se poría ise dispositivo para avisar ós conductores?