domingo, 1 de mayo de 2011

A galaxia Andrómeda "vistese" de cores

Os telescopios da Axencia Espacial Europea (ESA) permitiron observar a galaxia de Andrómeda, dunha forma moi distinta da habitual. Reveláronse os diferentes aspectos desta galaxia en espiral xigantes captando lonxitudes de onda en frecuencias que son invisibles para o ollo humano.
Andrómeda é o obxecto visible máis afastado da Terra. Está a 2,5 millóns de anos luz e é a máis brillante dun conxunto no que hai outras 30 galaxias pequenas e outras dúas grandes: a Vía Láctea e a Galaxia do Triángulo.

O satélite Planck é capaz de capturar a radiación en microondas de Andrómeda, chegando a detectar partículas de po a temperaturas extremadamente baixas, de tan só unhas decenas de graos sobre o cero absoluto. Se as partículas están a maior temperatura, pódense detectar na banda do infravermello co telescopio espacial Herschel, un satélite que desvela cúmulos de po nos brazos espirales da galaxia, nos que se están formando novas estrelas. O telescopio XMM-Newton rexistra a radiación cunha lonxitude de onda que é máis corta que a da luz visible, entre a que se atopan os raios-X e a luz ultravioleta. Nestas bandas podemos observar as estrelas máis vellas. Algunhas están chegando ao final das súas vidas e outras xa explotaron, xerando unha onda de choque que asuca o cosmos.


Algo que xa se sabe é que Andrómeda estase achegando á Terra a uns 300 quilómetros por segundo, e crese que de aquí a, aproximadamente, 3.000 a 5.000 millóns de anos podería chocar coa nosa e fusionarse ambas formando unha galaxia elíptica xigante.

Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/29/ciencia/1304098751.html
Editado por:
Yurema Seara Núñez 1ºB

No hay comentarios: