viernes, 6 de mayo de 2011

A radición do mar cerca de Fukushima é mil veces maior

Xa pasaron dous meses dende o grave accidente que tivo a central de Fukushima pero a pesar do tempo aínda seguen saíndo a luz numerosos desastres e consecuencias que tivo; a máis recente afirma que os niveis de radiación dos fondos marinos esta entre 100 e 1000 veces por encima do “normal”.
Estas medicións foron realizadas pola empresa Tepco, estas medicións realizaronse a finais de abril a 3 kilómetros de distancia mar adentro.
Según expertos, os elementos que contaminan o mar son iodo-131, cesio-134 e cesio-137 e creen que estes poden chegar a disolverse nos fondos marinos para así diminuír a súa contaminación aínda que esto ten tamén unha grave consecuencia negativa xa que se estos elementos se mezclan co chan pasarían a formar parte da cadea trófica alimentaria dos seres vivos, é dicir, acabaríanse contaminando todos os animais marinos a causa destas substancias radiactivas.
Por outra banda, os ecologistas de Greenpeace comezaron a analizar as augas do Pacífico pola posibilidade de estar contaminadas, ademais o buque “Rainbow Warrior” analizará as augas alonxadas de Xapón porque esto foi denegado polo goberno xaponés.
Na central de fukushima fallou un sistema de control esencial que se leva a cabo para medir a radioactividade en situacións extremas, este sistema costou máis de 230 millóns de euros.

Ecoloxistas recollendo mostras no mar

Lorena Yáñez 1º A

No hay comentarios: