domingo, 22 de mayo de 2011

Un anaco de Marte a cambio dunha frase


“Este é un pequeno paso para un home, pero un gran salto para a humanidade". A mítica frase foi pronunciada por Neil Armstrong cando se converteu no primeiro ser humano que pisou a Lúa. Desde entón e ata o día de hoxe é unha das frases máis soadas da historia.
Agora, a revista 'New Scientist' convocou un concurso a través da súa páxina web no que anima a enviar a frase que, na súa opinión, debería ser pronunciada pola primeira persoa que pise Marte. Como recompensa, ofrecen unha rocha do planeta vermello comprada a Luc Labenne. Crese que provén dun meteorito que se estrelou no deserto de Alxeria. O meteorito foi bautizado NWA 2975( North West Africa ).
As probas de autenticidade revelan que o meteorito é único, polo seu lugar de orixe e polo seu elevado prezo. Unha mostra de tan só 102 gramos está á venda por 100.000 dólares. A rocha de recompensa que ofrece a publicación pesa aproximadamente 1.7 gramos.
Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/05/20/ciencia/1305912958.html

Feito por : Yurema Seara Núñez 1ºB

No hay comentarios: