Mandáronme hoxe por correo un arquivo titulado como adelgazar bebendo cervexa. Seguro que o alumnado de Bioloxía poderán atopar o erro. Estamos case de vacacións pero Mª José e máis eu cremos que podedes, aínda, facer un pequeno esforzo... ollo as notas finais non están postas... asi que vos esperamos en comentarios, lerémolos todos.
6 comentarios:
Supoño que o truco estará na utilización da palabra "caloría".
Cando usamos a palabra caloría nos alimentos e no noso metabolismo, estamos a falar de quilocalorías (1000 calorías).
Pero a definición de caloría é, como pon no texto, a enerxía necesaria para aumentar a temperatura dun gramo de auga un grao.
Xógase con esta palabra.
Dani, segue pensando... o texto utiliza ben a definición de caloría non é iso
Pode ser que é a auga a que regula a temperatura do noso corpo e non as reservas de graxa?
Coral
Coral, vas bien... trata de fundamentar lo que comentas,
Carmen
Creo que o erro está na queima de graxas da que fala o artículo...está relacionado ca regulación da temperatura da auga, porque o noso corpo absorbe certa cantidade de auga e con isto prodúcese un pequeno esforzo calórico para que a temperatura se equilibre, pero, se tomamos unha grande cantidade de auga, poderíamos chegar á hipotermia, porque a nosa temperatura corporal descendería notablemente, co cal, beber moita cervexa fría... non creo que fose unha solución moi favorable para a nosa saúde!
Pode ser porque a auga ten un elevado calor especifico? por moito cambio de temperatura que. pproduza a cervexa fria,a auga,como bo amortiguador termico so modificara a sua tempweatura un pouquiňo, e gastarase pouca enerxia e
n reestablecer a temperatura normal
Publicar un comentario