martes, 6 de septiembre de 2011

BCN.KNOWLEDGE.domingo17

9.15 da mañá, fun a primeira persoa en chegar ao Campus. Nada máis chegar a Barcelona o monitor veume a recoller para levarme á residencia, todo era moi diferente de Ourense, malia non durmir en toda a noite estaba moi atenta a todo o que os meus ollos vían para non perderme nada de todo aquilo. Aínda non podía crer que ía vivir dúas semanas en Barcelona que tanto me gustaba, e para maior sorpresa, a nosa residencia estaba ao lado dunha das zonas máis ricas de Barcelona e ao lado do Camp Nou, tiñamos unhas vistas incribles. Á hora de xantar aínda só eramos catro persoas.
 


Á tarde foron chegando pouco a pouco máis , ao principio a xente era un pouco tímida, era normal, non nos coñeciamos de nada e non só iso, eramos de sitios moi diferentes, e falabamos distinto. Cara á hora da cea, os monitores trouxeron ó resto da xente. Eramos 22 rapazas e 8 rapaces, eu tiña algo de medo de quedar alí como algo parva, xa que ía xente supostamente con moi boas cualificacións, o que ademais comprobei ao chegar alí, a metade da xente tiñan media de 10 ou de 9 moi alto, e cando  lle deciás a túa media, mirábante case con cara de pena, e eu estaba contenta coa miña nota. Pero pronto me decatei ao empezar as prácticas, de que iso era só un número e que non significa nada. Iso si todos eles querían estudar medicina, e pensas, "tereime que poñer algo as pilas". Tamén me preocupaba algo, que a xente de alí fose xente que só saber estar na casa a estudar, (iso pensábao todo o mundo o primer día) e que non se saben divertir, pero nada que ver, todos eramos iguais, e a xente moi agradable desde o primeiro día, nunca houbo mal ambiente. A metade da xente era de Valencia, os demais de Anadalucía e despois soltos, dúas rapazas de Madrid, dous de Cataluña, un rapaz de Canarias e eu. A xente gustáballe moito como falaba, e os primeiros días viñan xunto miña para escoitarme falar e intentar imitarme, era moi divertido. Repartíronnos os cuartos, no meu, eramos tres rapazas, unha era catalá e a outra de Granada, rematamos tendo un acento moi peculiar. Ese día quedámonos ata tarde falando, e xa era coma se nos conocésemos case de toda a vida. Aquilo pintaba moi ben.



2 comentarios:

Aalis dijo...

Isa, segue contando que non sei, teño curiosidade :)
Bicos
Coral

IES Otero Pedrayo (Ourense) dijo...

Coral, Isa ten parado a súa historia en Barcelona porque me está axudando co blog. Como supoño que sabes desapareceron moitos post e estamos a recuperalos, se queres botarnos unha man fala con Isa e ela te dirá como. Canto máis xente colabore o proceso será maís rápido. Un bico
Mcarmen