viernes, 18 de marzo de 2011

Cen millóns de anos sen apenas evolucionar.

Descobren que uns insectos parecidos a grilos non evolucionaron case nada nos últimos cen millóns de anos.Descubriuse ao devanceiro, de 100 millóns de anos de antigüidade, dun grupo de grandes insectos carnívoros, parecidos a grilos, que aínda viven hoxe en día no sur de Asia, o norte de Indochina e África. E apenas presenta diferenzas cos seus descendentes evolutivos.
O novo achado, nun xacemento de fósiles de pedra calcaria no nordeste de Brasil, corrixe a clasificación errónea doutro fósil deste tipo e revela que o xénero foi obxecto de moi pouco cambio evolutivo desde o Cretácico Temperán (ou Cretácico Inferior), unha época, pouco antes da ruptura do supercontinente Gondwana, que estivo caracterizada, entre outras cousas, pola presenza de dinosauros.
Estes insectos parecidos a grilos pertencen a un grupo inusual de grandes insectos depredadores, cun aspecto intimidador, relacionados evolutivamente cos grilos verdadeiros e cos saltamontes.
Nas súas patas posúen unhas grandes protuberancias en forma de remos, que lles axudan a apoiar de maneira o bastante estable as patas na area e soster así debidamente os seus grandes corpos mentres corretean polos seus hábitats arenosos, á caza de presas.
Aínda que o fósil ten algunhas diferenzas con respecto aos seus descendentes actuais, as súas características xerais difiren moi pouco.
Noutras palabras, ese notable grao de similitude denota que o xénero permaneceu nun período de estancamento evolutivo durante polo menos os últimos 100 millóns de anos.


por : Antía Arias García. 1ºB

No hay comentarios: