miércoles, 16 de marzo de 2011

Fukushima un reactor de auga en ebulición (BWR)

Cando se fala da central nuclear de Fukushima continuamente alúdese aos reactores nucleares e indícase que é un reactor de auga en ebulición (BWR). Pero que é a enerxía nuclear?; que é un reacctor nuclear?; que é un reactor de auga en ebulición? que está a ocorrer en Fukushima?

Que é a enerxía nuclear de fisión?



Que é un reactor nuclear?
Un reactor nuclear é unha instalación capaz de iniciar, manter e controlar as reaccións de fisión en cadea, cos medios adecuados para extraer a calor xerada. Un reactor nuclear consta dos seguintes elementos:
- O combustible xeralmente un composto de uranio (en Fukushima tamén hai un de plutonio) no que teñen lugar as reaccións de fisión.
- O moderador, os neutróns producidos na fisión teñen unha elevada enerxía en forma de velocidade. Para que se produzan novos choques convén diminuír a súa velocidade de modo que aumente a probabilidade de que sexan capturados por outro átomo fisionable e non rompa a reacción en cadea.
- O refrixerante, que extrae a calor xerada polo combustible do reactor. Xeralmente úsanse refrigerantes líquidos, como a auga.
- O reflector, nunha reacción nuclear en cadea, un certo número de neutróns tende a escapar da rexión onde esta se produce. Esta fuga neutrónica pode reducirse coa existencia dun medio reflector, aumentando así a eficiencia do reactor. Os materiais usados como reflectores son a auga, o grafito e a auga pesada.
- Os elementos de control, que actúan como absorbentes de neutróns, permiten controlar en todo momento a poboación de neutrones.
- A blindaxe, cando un reactor está en operación, sae gran cantidade de radiación en todas direccións. É necesaria unha protección para protexer das radiacións de neutróns e raios gamma a toda a poboación. Polo tanto, evita o escape de radiacións do reactor.


Reactor de auga en ebulición (BWR) Están deseñados para que a auga que refrixera o combustible do reactor alcance a temperatura de ebulición ao seu paso polo núcleo do reactor e o vapor producido, vai directamente á turbina.


Na figura anterior obsérvase un reactor do tipo BWR só utilízase un circuíto no cal o combustible nuclear fai ferver a auga producindo vapor. Este último ascende cara a unha serie de separadores e secadores que o separan do caudal da auga de refrixeración, reducindo o contido humidade do vapor, o cal aumenta a calidade deste. O vapor seco flúe entón en dirección á turbina (6) que move o xerador eléctrico (7). Tras isto o vapor que sae da turbina pasa por un condensador (9) que o arrefría obténdose novamente auga liquida, a cal é impulsada mediante bombas (8) de novo cara ao interior da vasija que contén o núcleo (1). Dado que o vapor flúe desde o reactor, este compórtase como unha máquina térmica convencional.
Que sucede dentro dos reactores nucleares en Fukushima, Xapón?



Editado Por: Carmen Cid Manzano

No hay comentarios: