jueves, 14 de octubre de 2010

Nobel 2010 á "A fecundación in vitro"

O premio Nobel de Fisioloxía e Medicina deste ano foi concedido a Robert G. Edwards, que desenvolveu a técnica da fecundación in vitro (FIV) e revolucionou o tratamento da esterilidade a través das terapias de reprodución asistida.





O premio, tardou en chegar. Fai xa 33 anos que Bob Edwards desenvolveu a técnica e foi capaz de demostrar que o embrión humano podía ser fecundado in vitro (FIV) e, tras a súa implantación, dar lugar ao nacemento dun neno ou nena san. Calcúlase que ata hoxe máis de catro millóns de cativos naceron grazas á FIV. Edwards e Steptoe non o tiveron doado nos seus inicios. Non recibiron apoio financeiro debido ás serias dúbidas éticas e científicas que a técnica que propoñían levantou entre os seus colegas. Hoxe en día a FIV é unha técnica que se utiliza de forma rutineira no tratamento da esterilidade en todos os países desenvolvidos, tanto en centros públicos como privados.Trátase dun tratamento médico consolidado que a sociedade entende, acepta e utiliza.
Feito por María Isabel Limia Pérez 1ºB Bacharelato

No hay comentarios: