O Hartley 2 é o cometa que másis próximo ten pasado da terra ata o mmento. A nave Deep Impact da NASA tomou onte as fotografías máis detalladas que se coñecen desta masa alongada de xeo e rocha descuberta que chuspe potentes chorros de cianuro de hidróxeno, un gas moi tóxico.Con este encontro, xa son sete os cometas que foron visitados por naves humanas .Os fulgores que se aprecian na superficie do cometa, que ten uns dous quilómetros de longo, son chorros de po que saen a presión cando o xeo que hai no corazón do cometa entra en contacto coa luz do sol e se converten en vapor de forma moi violenta. Cada vez que isto sucede perde un metro de lonxitude.
Estas afastadas imaxes en branco e negro poderían explicar un dos maiores misterios da Terra. O seu obxectivo máis importante ao estudar un cometa é intentar saber como puido xerarse a vida neste planeta
Os datos obtidos reforzan a teoría de que foron os cometas os que fixeron chegar auga e compostos orgánicos á Terra hai máis de 4.000 millóns de anos.
Os cometas son fósiles do sistema solar. Os planetas actuais formáronse a partir dalgunhas destas bólas de xeo e rocha ao estrelarse unhas contra outras. As que seguen libres, como o Hartley 2, conteñen materiais intactos de hai 4.500 millóns de anos. O seu estudo, coas fotos actuais da Deep Impact, explicará cal era a mestura de compostos e as condicións cando se estaban a formar os planetas.Máis información :
No hay comentarios:
Publicar un comentario