É hora de facer este pequeno balance e  tamén facer algunhas consideracións que recollemos no seguinte decálogo. 
  
 
 
 
 
 
Decálogo do funcionamento do blog  
 1º A directora do blog é Isabel Limia Pérez,  alumna de 1º de bacharelato B. Calquera cambio na configuración do blog terá que  ser permitido por ela.  
 2º O máximo de blogueros será de  25.
 3º O Blog terá como obxectivos:
 - Informar a toda a comunidade educativa das  principais novidades que aparecen nos xornais sobre ciencia.
 - Relacionar os contidos de aula coa  realidade da ciencia actual.
 - Recoller todos os eventos sobre ciencia  que teñen lugar no Centro.
 - Establecer comunicación conoutros  blogs.
 - Facer máis atractivo o estudo da Ciencia  aumentando desta xeito a motivación dos estudantes.
 - Favorecer un maior protagonismo e  responsabilidade do alumnado no proceso de aprendizaxe.
 - Axudar a que os estudantes  perciban as conexións existentes entre a Ciencia e o entorno  social.
 -  Estimular nos estudantes hábitos  de investigación mediante o uso das TIC.
 - Desenvolver nos estudiantes a capacidade de  análise e síntese de textos, para a elaboracións dos post.
 4º Algúns exemplos de fontes de noticias  para subir ao blog:
http://www.publico.es/ciencias
http://www.elpais.com/sociedade/ciencia/
http://www.plataformasinc.es/index.php/esl/Noticias
http://www.bbc.co.uk/mundo/temas/ciencia/index.shtml
http://www.elmundo.es/elmundo/ciencia.html
http://www.abc.es/ciencia/ciencia.asp
http://www.noticiasciencias.com/
 http://www.publico.es/ciencias
http://www.elpais.com/sociedade/ciencia/
http://www.plataformasinc.es/index.php/esl/Noticias
http://www.bbc.co.uk/mundo/temas/ciencia/index.shtml
http://www.elmundo.es/elmundo/ciencia.html
http://www.abc.es/ciencia/ciencia.asp
http://www.noticiasciencias.com/
5º Cada post terá un título atractivo e  suxestivo. Deberá estar ben redactado (recoméndase facer un borrador antes  da  súa publicación). OLLO!!! Os textos non poden ser “recorta e  pega”, deben ser froito primeiro dunha análise da noticia e logo dunha síntese.  Ademais, cando se poda, deben relacionarase cos temas traballados na aula.  Débese de ter coidado coas faltas de ortografía e os castelanismos. Inserir  algunha fotografía "ad hoc" (xeralmente unha ou dúas). Pódense inserir tamén un  vídeo ou un podcast. En palabras que creades que se deben ter coñecementos  previos realizaranse enlaces con páxinas que os expliquen (deben ser enlaces que  nos dean seguridade científica dos contidos). Para unificar o formato a letra  que eliximos é Trebuchet tamaño normal e os parágrafos deben ter os bordos  xustificados. 
 6º Pór en todos os post as etiquetas,  intentando manter as que xa existen. 
 7º Os post deben estar asinados con nome e  apelidos, indicando o grupo clase. 
 8º Ademais de subir noticias ao blog, pódese  e débese facer comentarios aos outros post, iso significará o interese que  espertaron as noticia publicados pólos outros compañeiros/as. Os comentarios  deberán estar firmados.
 9º Para que estudiantes non coincidan na  mesma noticia, cando alguén esta a redactar un post deberá comunicalo por mail  aos demais.
 10º Este é un blog colaborativo polo que o  resultado final resultará da suma e da interrelación do traballo de todos e  todas.
 A profesora Carmen Cid Manzano
 

No hay comentarios:
Publicar un comentario