martes, 26 de octubre de 2010

O “Lixo espacial” obriga ao desprazamento da Estación Internacional.






A Estación Espacial Internacional tivo que ser desviada da súa órbita ninha manobra de urxencia a causa do perigo de colisión co lixo espacial. A situación considérase perigosa cando a posibilidade de colisión é dun 0,001%. A pesar de que a posibilidade de choque sexa tan pequena, é necesario desviar a plataforma orbital da traxectoria de voo do obxecto perigoso, co fin de garantir a seguridade da ISS e dos seus tripulantes.
A altura media da ISS oscila entre os 360 e os 330 quilómetros. Pero a plataforma perde entre 100 e 150 metros de altura cada día debido á gravitación terrestre, a actividade solar e outros factores, o que obriga a corrixir de xeito periódico a súa órbita.
A actual tripulación da estación espacial está integrada polos cosmonautas rusos Fiódor Yurchijin, Alexandr Kaleri e Oleg Skrípochka e os seus colegas estadounidenses da NASA Scott Kelly, Doug Wheelock e Shannon Walker.




Feito por: Andrea Acosta Gerpe bacharelato 1 º A

No hay comentarios: