domingo, 9 de octubre de 2011

Abre os seus "ollos" o máis complexo telescopio terrestre (ALMA)


No deserto de Atacama (Chile) nace ALMA (Atacama Large Millimetre/submillimetre Array),o telescopio terrestre máis complexo do mundo co que poderemos viaxar polas orixes do universo e acercarnos o misterio da procedencia de todo, a gran explosión do Big Bang. Estudiará os componentes das estrelas, os sistemas planetarios e galaxias detectando as máis afastadas.


O observatorio, situado a 5000 metros de altura no norte de Chile, aínda non está rematado.Cando así sexa, incluirá 66 telescopios individuáis que se combinarán para simular un telescopio de 6 km de diámetro. Utiliza unha lonxitude de onda de arredor de 1 mm, que permitirá os astrónomos estudar os obxetos ocultos no espazo por nubes de polvo e gas.

O equipo de ALMA publicou unha primeira imaxe observada con so 12 antenas,a modo de proba. A medida que se vaian incorporando novas antenas, aumentará exponencialmente a precisión, eficiencia e calidade das observacións.

A posta en marcha do telescopio, suscitou tal interese na comunidade científica, que astrónomos de todo o mundo presentaron 900 propostas para observacions. Estamos,por tanto,vivíndo un momento histórico para a ciencia,a astronomía e a evolución da humanidade, grazas ao notable esforzo de moitos científicos e inxeneiros de todo o mundo. E isto non fixo máis que empezar.






Ariana Fernández González 1º Bacherelato D

3 comentarios:

Mª Isabel Limia Pérez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

Ariana, interesante noticia. Parabéns, pero teño unhas dúbidas, porque o telescopio axudará a saber a orixe do big bang? que quere decir que utiliza unha lonxitude de onda de 1 mm? Se observas a fotografía, distínguense moitas cores, a que se deben todas elas? ti porque crees que xusto este ano está sendo tan importante no campo da astronomía? porque dis que estamos vivindo un momento especial para a evolución humana?
Un saúdo, Isabel

IES Otero Pedrayo (Ourense) dijo...

Grazas Isabel polos teus comentarios e preguntas, iso quere dicir que segues atenta ao blog. Seguro que ao meu alumnado deste ano faralle moita ilusión que lean o seus posts. Aínda que significará un pouco de traballo, seguro que intentarán contestat as túas preguntas.
Polo de agora estou moi contenta coa súa colaboración co blog, como ves están atentos as noticias e as novedades sobre a Ciencia e iso é moi bo.

Carmen Cid Manzano

Ari dijo...

---por que o telescopio axudará a saber a orixe do big bang?
-Porque ese é o propósito co que se construíu: O estudo da orixe do Universo.
Cando as 66 antenas esten en marcha(2013) non so axudará a acercar á Terra momentos da formación dos planetas e as estrelas que ocurriron fai miles de millóns de anos,senon que tamén podrá captar o momento da Orixe do Universo.
Será o instrumento máis grande e sensible do mundo.
---que quere decir que utiliza unha lonxitude de onda de 1 mm?
-que opera a lonxitudes de onda tan pequenas(dende o,3 a 3,6 mm)que terá unha sensibilidade e resolución sen precedentes con unha visión ata 10 veces mellor ca do telescopio HUBBLE.
---Se observas a fotografía, distínguense moitas cores, a que se deben todas elas?
-Non estou segura.. pero creo que nestas lonxitudes de onda,a luz emitida fai que as rexións do Universo oscuras e ocultas a luz visible brillen intensamente na parte milimétrica e submilimétrica do espectro(descomposición da luz nas suas diferentes cores).
---ti por que crees que xusto este ano está sendo tan importante no campo da astronomía?
-Unha das causas pode ser precisamente que ALMA, o observatorio terrestre máis complexo do mundo,abrise oficialmente as súas portas a tódolos astrónomos.
Según o responsable desta instalación, coa súa posta en marcha a humanidade está apunto de entrar na Idade de Ouro da Astronomía.
---por que dis que estamos vivindo un momento especial para a evolución humana?
-porque este proxecto dunha grande complexidade técnica,proveerá os científicos de imaxes detalladas de estreslas e planetas nacendo,detectará galáxias lonxánas...permitindo así lograr grandes avances na nosa compresión do Universo e os seus orixes.

Espero que as miñas respostas satisfagan a túa curiosidade.
Un saúdo,Ari.