martes, 4 de octubre de 2011

O ámbar e as plumas de dinosauro

Moitos preguntarédevos que ten que ver unha cousa con outra...pois moito,lectores,moito.

En Canadá atopouse un depósito deste líquido(resina de ámbar fosilizada) duns 80 millóns de anos de antiguedade, e nel apareceron nada máis e nada menos que plumas de dinosauros.



Entre as atopadas hai de todo tipo,dende as primitivas(que recordan máis a un pelo ca unha pluma),ata aquelas que servían para voar ou outras que estaban adaptadas á inmersión na auga


Algúns anos atrás soamente coñecíamos un dinosaurio con plumas(o Archeopteryx).
Pouco a poco,nos últimos tres anos,foron aparecendo fósiles con plumas de diferentes cores e este novo descubrimento confirma as teorías que falan sobre a evolución das estruturas das plumas primitivas ás máis sofisticadas e tamén que coexistiron varias especies de dinosauros (que non estaban capacitadas para voar) con plumas nun mesmo período de tempo.


Fonte:http://a100ciacierta.com/

Marta Araújo Rodríguez 1º BACHARELATO - D


3 comentarios:

Carmen Cid Manzano dijo...

Se pomos moitas etiquetas será demasiado complexo o blog. Cambia Dinosaurios por Evolución, debemos manter as etiquetas existentes.

Paula :) dijo...

Vaia, que interesante. Gústame.
Non sabía que aínda se fixeran investigacións sobre cousas relacionadas cos dinosaurios.

Mª Isabel Limia Pérez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

Se recordades na película de Parque Xurásico, explicaban ó principio que conseguiran reconstruir os dinosaurios grazas a restos de ADN (non lembro exactamente o que, se alguen o sabe, que o diga)nunha resina que quedara nunha árbore. Despois ese ADN introducíano en ovos de rás sen fecundar. A resina xa a atoparon, lograran recrear dinosaurios vivos? vos que creedes?
Respecto ó da evolución, aínda hoxe
existen animais con plumas que non son capaces de voar, como as galiñas que teñen nas patas unhas especies de escamas. Alguén sabe que implica eso??
Isabel