domingo, 2 de octubre de 2011

O CSIC pide axuda para seguir traballando na vacuna contra o VIH

Os primeiros datos son, se cadra, mellores aínda cós demáis produtos en experimentación a día de hoxe: unha vacuna desenvolta polo CSIC incita ás defensas do noso organismo e podería ensinar ao sistema inmune a loitar contra o VIH. Desde este punto todo o demáis está aínda por facer, por esto mismo esta institución pide axuda e apoio para seguir traballando e estudando a vacuna, xa que polo que vai, está a ser financiada polo fondo público. Qué demostraron ademáis de ser totalmente efectiva en ratos e macacos tras xa dez anos de investigación? Que xera un 90% de resposta inmune: é capaz no 90% de entrenar ao sistema defensivo dunha persoa sana a que aprenda a detectar e loitar contra o virus.

As probas consisten básicamente en introducir catro xenes do VIH B en cantidades xustas para que esperte unha reacción no organismo pero que non produza unha infección, o cal garante a seguridade.

Foi probado en 30 voluntarios, a 24 dos cales se lles implantaron 3 doses da vacuna e aos 6 restantes, un
placebo. Nos vacunados observouse unha resposta defensiva ao longo dun ano, mentres que nos que recibiron placebo, non se observou efecto algún.

"De momento, o
único que sabemos é que induce ás defensas e que é segura, xa que non houbo efectos secundarios graves, pero ata aí. Non podemos saber aínda si será eficaz para evitar a infección. Para eso debemos seguir traballando" , explicaba Felipe García, un dos investigadores do Hospital Clínic de Barcelona.

O seu propósito agora é comezar a fase II, cuxa finalidade é ver si é efectiva e en qué doses, o cal estaría rematado nun prazo optimista de cinco anos.

Fot.: Un macrófago(cél. inmune) no centro superior sendo atacado por partículas do VIH








Para ver a noticia completa, clickade aquí

Andrea Fernández

1 comentario:

Mª Isabel Limia Pérez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

Andrea, alégrame leer esta noticia e ver como se van producindo melloras, e oxalá os científicos consigan as axudas económicas que precisan. Pero como nós estudamos o ano pasado, o virus do VIH ten unha difícil solución porque actúa sobre os linfocitos T4 se ben creo recordar e porque estaba sempre mutando. Sen embargo a noticia no fala de nada diso, ti, saberías ou poderías dar resposta as miñas preguntas? Un saúdo, gracias Isabel