lunes, 10 de octubre de 2011

Outro satélite ameaza con impactar na Terra


O satélite alemán ROTSA poderia impactar nunha semana sobre a Terra, segindo os pasos doutro artefacto da NASA. De momento, desde a Axencia Espacial Europea apuntan que non saben onde caera , pero si sinalan que o seu risco potencial é maior que o da UARS, que caeu o pasado 24 de setembro no Pacífico.

O ROSAT era un telescopio de Raios X que se lanzou ao espazo en 1990. Oito anos despois quedou inútil. Segundo uns porque se queimou de tanto apuntar cara ao Sol directamente, segundo outros por culpa dun virus informático. O caso é que quedou dando voltas sobre as nosas cabezas inutilizado drante 13 anos, e agora as súas 2.4 toneladas ameazan con caer sobre elas.

Segundo funcionarios do Centro Aeroespacial Alemán, o telescopio podería colisionar en calquera punto desde Canadá ata o sur de América. Na ESA cren que tardará unha semana en alcanzar a atmosfera terrestre, pero é un prazo que outras Foster prolongan ata comezos de novembro.

Os técnicos sinalaron que o ROSAT foi deseñado para romper nunha treintena de grandes pezas de ata 1.6 toneladas, e cabe posibilidade de que non se desintegre ao atravesar a atmosfera.

Enlaces: http://www.elmundo.es/elmundo/2011/10/10/ciencia/1318260856.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/09/23/ciencia/1316804377.html



Sandra Vázquez Fernández 1º E

2 comentarios:

Unknown dijo...

O lixo espacial esta empezando a ser un problema importante.

Aalis dijo...

Sinceramente, ten sentido que esten comezando a caer satelites artificiais. Era lóxico que non se quedaran sempre orbitando en torno a Terra.
E aínda temos sorte de que estes caian no noso planeta, porque, cantos haberá que rematen na superficie doutros astros, contaminandoos?
Creo que deberíamos tomar conciencia de que, sí, está moi ben mandar satelites para estudar o espazo, pero estamos dispostos a que logo queden por ahí?

Non sei cal é a túa opinión Sandra, pero bueno, noraboa pola noticia.

Coral