martes, 29 de noviembre de 2011

Falece LYNN MARGULIS, gran científica en evolución.

O pasado 23 de novembro a científica Lynn Margulis, coñecida polos seus achegos en evolución coa teoriía endosimbiótica, faleceu aos 73 anos no seu domicilio en Amherst (Massachusetts, nordés de EUA). Máis datos sobre a noticia e fontes. Máis información sobre esta bióloga.
A continuación, un vídeo do programa redes no que aparece Lynn Margulis, falando sobre a orixe da vida.



Tras saber que esta noticia foi publicada a través do Facebook polo seu fillo Dorion Sagan (e que moitos científicos estábanlle dando as súas condolencias), púxenme a buscalo de inmediato no Facebook. Para o meu agrado puiden ollalo seu muro. Mais como sei que hai certas persoas que non teñen Facebook ou que non teñen tempo, aquí vos deixo as imaxes coas que vos atopariades. Atravinme a marcar aquilo que me pareceu máis salientable. Anímovos a que busquedes algún científico salientable entre as persoas que comentan na súa nova. Tamén é interesante que vos fixedes nas datas. As útimas imaxes amosan os recoñecementos a Lynn Margulis pola súa traxectoria científica de importantes institucións.





Feio por María Isabel Limia Pérez, 2Bacharelato B

No hay comentarios: