miércoles, 21 de diciembre de 2011

Científicos do CERN din ter atopado probas da existencia do Bosón de Higgs.

Os físicos comezan a recoller os froitos dunha das investigacións nos principais detectores no gran acelerador europeo de partículas onde teñen atopado sinais da presenza do Boson Figs.
A conferencia, que tivo lugar o 13 de decembro deste ano no auditorio principal do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), onde non había lugar baleiro en todo o auditorio, tivo simultaneamente comentarios nas redes sociais e non deixaron de facelo en ningún momento, xa que cada frase, cada xesto, cada palabra dos oradores foi "twiteada" por un dos centos de físicos que enchían a sala.
Os portavoces para os dous experimentos, Fabiola Gianotti e Guido Tonelli, explicaron durante máis de dúas horas como foron capaces de atopar o que podería ser a partícula:
”Cando dous protóns, acelerados ao 99,9 por cento da velocidade da luz en direccións opostas, chocan dentro do acelerador, tras a caída, provocan unha "fervenza" de eventos durante o cal crean numerosas partículas e algúns deses eventos podería corresponder ao bosón de Higgs”.

Sen embargo nin Gianotti nin Tonelli aínda non se atreveron a afimralo con total seguridade. Será necesario analizar máis eventos como os atopados ata agora para poder afirman a existencia do Boson de Higgs.

Fontes: http://www.abc.es/20111214/ciencia/abcp-boson-higgs-particula-clave-20111214.html

Jennifer Armada Ferreio, nº3 1º Bach.D

1 comentario:

IES Otero Pedrayo (Ourense) dijo...

Jennifer, cada entrada debe tener alguna etiqueta para facilitar las búsqueda con posterioridad. Esta vez como ves las he puesto yo. Felices fiestas.