sábado, 31 de diciembre de 2011

FELIZ ANO

O 2011 remata, e nestas datas e cando máis nos lembramos do todo vivido neste ano. 
Eu no meu lugar, quería agradecerlle a profesora Mari Carmen todo o que fixo por nós e especial por min porque repito, que grazas a ti puiden ir á Climántica e ó Campus, que fixeron deste ano un dos mellores que vivín. 
 
 


 



Tampouco quero esquecerme dos meus compañeiros, que estou moi contenta de telos, porque fan que as clases pasen rápido e que nelas disfrute, non son só un lugar de traballo nin unha carga, son moito máis ca iso. Moitas grazas por axudarme sempre, e que sepades que contades co meu apoio para o que queirades. Por iso, neste ano, desexo que, 2 de bacharelato non nos resulte duro, e que o meu e o voso traballo se vexa recompensado, que todos poidamos estudar aquilo que queiramos, e sobre todo que, aínda que marchamos a cidades distintas ó facer a carreira, sigamos tendo contacto. 
Finalmente, non podo rematar este post, sen facer mención a nosa anterior profesora de bioloxía María Xosé Camba. Pode que xa pasaran meses dende o seu falecemento pero eso non implica que nós nos esqueceramos dela. A min persoalmente, só me deu clase unha semana, pero para min foi máis profesora ca outras que me deron todo o ano. Sempre me preguntaba que tal estaba, felícitabame polo blog,  e sorríame sempre, sempre estaba con esa sonrisa, que eu creo que nunca deberíamos perder e menos agora, polo menos en memoria dela. Eu creo, que sempre temos que estar felices, ás veces non é tan doado, pero se somos capaces de apreciar os pequenos detalles e reirnos ante as propias dificultades, podemos superar ás adversidades. Un saúdo e un bico moi grande.





4 comentarios:

IES Otero Pedrayo (Ourense) dijo...

Seguro que Mª José estará sonriendo, era una persona que había nacido para enseñar. No conozco a nadie que lo hiciera mejor.
Me siento orgullosa de haber compartido mi vida con ella.
Mcarmen

Andrea Gerpe (IES Otero Pedrayo) dijo...

Isa. Creo que tus palabras sobre Camba han sido las acertadas porque era una profesora y una persona maravillosa que siempre se preocupabas por los alumnos incluso cuando nunca les habia dado clase.. Siempre tenia una sonrisa y una buena palabra para todos..
Es cierto.. Este año hemos aprendido. Nos hemos esforzado y hemos vivido cosas inolvidables como climantica...
Feliz año :)

Antia Arias & Yurema Seara ( IES Otero Pedrayo Ourense) dijo...

Eu todavía penso que o día menos esperado vouna volver a ver, subindo as escaleiras como facía de costume, cruzándome con ela polo pasillo..María Xosé é unha desas profesoras que deixan pegada en ti, e cada mañá fóra a hora que fóra tiña un sonriso de orella a orella para dedicarche ademais de que sempre trataba de axudarche en todo, felicitábache polos teus traballos...como dín por ahí, sempre se van os mellores.
feliz ano novo :)
Yurema.

Andrea Fdez (IES Otero Pedrayo) dijo...

Isa, alégrome de que este fose un dos mellores anos para tí grazas ás experiencias como Climántica ou o Campus en Barcelona... eu tamén desexo seguir en contacto con todos o parte de vós pasados os anos.
Sen dúbida, cando pasen os anos e escoitemos o nome de Camba, diremos con moita honra que tivemos o pracer de coñecela e ser alumnos seus... mestres así non se esquecen con moita facilidade.

Feliz ano a todos