A IUPAC publicará a súa nova táboa periódica para celebrar o Ano Internacional da Química, designado para 2011 pola ONU. A nova táboa expresará a frecuencia de cada isótopo na natureza. Desde que o ruso Dmitri Mendeléyev crease este catálogo en 1869, dez elementos crave van cambiar a súa masa atómica (ver imaxe). Os dez cambios poden ser o principio dunha longa lista, así unha comisión da IUPAC xa traballa na próxima quenda de elementos que cambiarán as súas masas fixas por intervalos. Son helio, níquel, cobre, cinc, selenio, estroncio, argón e chumbo.
Os novos intervalos da IUPAC engaden unha relatividad á química que sempre existira na natureza, pero non na táboa periódica. Agora, á pregunta cal é a masa dos átomos de hidróxeno que hai nun litro de auga, os estudantes poderán responder "depende". O hidróxeno, por exemplo, ten un rango de entre 1,00784 e 1,00811. O valor único da masa atómica que aparecía na casilla de cada elemento da táboa periódica daba a impresión de que é un valor universal, e non é así. Algúns elementos teñen variantes chamadas isótopos e que teñen máis ou menos neutrones no seu núcleo. Así por exemplo o carbono 12 chámase así porque leva seis neutrones e tantos outros protones, mentres que o carbono 14 leva oito neutrones.

Editado por Carmen Cid Manzano
No hay comentarios:
Publicar un comentario